08/10/2026
📍 A Facultade celebra unha charla informativa sobre os programas de mobilidade
Hoxe celebramos unha sesión informativa sobre os programas de mobilidade dirixida ao estudantado interesado en realizar unha estadía académica noutra universidade durante o próximo curso. Durante a actividade presentáronse as oportunidades que ofrecen os programas Erasmus+, SICUE e os Convenios Bilaterais, así como os principais aspectos a ter en conta no proceso de solicitude:
🔹 Máis de 300 prazas de mobilidade están dispoñibles para o estudantado dos Graos en Economía e en Administración e Dirección de Empresas, en destinos estatais e internacionais.
🔹 A participación nun programa de mobilidade permite adquirir competencias académicas, lingüísticas e persoais de gran valor para o desenvolvemento profesional.
🔹 Explicáronse as características dos programas Erasmus+, SICUE e Convenios Bilaterais, así como as oportunidades e particularidades de cada un deles.
🔹 Presentouse información práctica sobre os procedementos de solicitude, o recoñecemento académico das materias cursadas e as distintas axudas económicas asociadas ás mobilidades.
🔹 Lembrouse a importancia de contar coa acreditación lingüística antes de presentar a solicitude, así como a posibilidade de obtela a través das probas organizadas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC.
🌍 A Facultade anima ao estudantado a informarse con detalle sobre os destinos e programas dispoñibles e a aproveitar unha experiencia formativa que contribúe ao seu desenvolvemento académico, profesional e persoal.