Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Cómo llegar Página web

Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Páxina da Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC

🍎 Memeconomista | O prezo de comerHoxe é o Día Mundial da Alimentación e nós temos unha pregunta: como se consegue unha ...
16/10/2026

🍎 Memeconomista | O prezo de comer

Hoxe é o Día Mundial da Alimentación e nós temos unha pregunta: como se consegue unha dieta equilibrada cando o orzamento só dá para pasta e arroz? 🥲🍝

Entre apuntamentos, traballos en grupo e entregas no Campus Virtual, a vida universitaria xa é bastante intensa como para que facer a compra sexa tamén un exame de Microeconomía. 📚💸

Aprobamos o cuadrimestre, pero a que prezo? 😂




📚 Martes de novidades:Que algo funcione está ben.Que funcione cada vez mellor, aínda máis. 👀En Técnicas de mejora de la ...
13/10/2026

📚 Martes de novidades:

Que algo funcione está ben.
Que funcione cada vez mellor, aínda máis. 👀

En Técnicas de mejora de la calidad / Cristina González Gaya, Rosario Domingo Navas, Miguel Ángel Sebastián Pérez repásanse ferramentas e técnicas para analizar procesos, detectar problemas e buscar solucións.

Porque mellorar tamén é unha técnica. 🔎📈

📍 Xa dispoñible no estante de novidades.






📅 9 de outubro | Día Mundial do Correo 📬Antes, para conseguir información, había que esperar pola carta.Agora temos mile...
09/10/2026

📅 9 de outubro | Día Mundial do Correo 📬

Antes, para conseguir información, había que esperar pola carta.

Agora temos miles de recursos a un clic… e aínda podemos pasarnos media hora buscando exactamente o que necesitamos. 🫠

Porque atopar información está ben. Saber buscala, seleccionala e utilizala, mellor. 🔎

📚 Para iso está a biblioteca. Porque cando o traballo é para mañá, “o primeiro PDF que me sae en Google” non é precisamente unha estratexia de investigación. 😌





📚🌉 A biblioteca fai ponte!O venres 9 abrimos no noso horario habitual, pero despois… facemos ponte! 😌📅 Sábado 10 e domin...
08/10/2026

📚🌉 A biblioteca fai ponte!

O venres 9 abrimos no noso horario habitual, pero despois… facemos ponte! 😌

📅 Sábado 10 e domingo 11
Non lectivos

🔒 Luns 12
Festivo | Biblioteca pechada

👉 O martes 13 volvemos ao noso horario habitual. ⏰📖

Vémonos á volta! 💚

📚 Martes de novidades!💸 Queres investir, pero non sabes por onde empezar?Pois damos unha volta por Wall Street. Sen gast...
06/10/2026

📚 Martes de novidades!

💸 Queres investir, pero non sabes por onde empezar?
Pois damos unha volta por Wall Street. Sen gastar un euro. 👀

📖 A Random Walk Down Wall Street / Burton G. Malkiel, coa sinatura FI 3835.

Mercados, investimento e estratexias para entender que pasa coa túa carteira cando decides xogar a ser Warren Buffett. 📈🫠

📍 Xa dispoñible na biblio.

# finanzas


📢 Temos novidades! E veñen cargadiñas de lecturas.Xa está dispoñible o Boletín de novidades nº 11, coas incorporacións d...
05/10/2026

📢 Temos novidades! E veñen cargadiñas de lecturas.

Xa está dispoñible o Boletín de novidades nº 11, coas incorporacións dos meses de maio a agosto de 2026. 📚☀️

Se queres saber que chegou de novo aos nosos andeis, bótalle unha ollada. 👀
⚠️ Avisamos: pode provocar ganas repentinas de ler.

👉 Consúltao xa en: https://me-l.co/w3kgwcev

📅 2 de outubro de 1930Nace George Soros, investidor e filántropo húngaro-estadounidense, coñecido pola súa actividade no...
02/10/2026

📅 2 de outubro de 1930

Nace George Soros, investidor e filántropo húngaro-estadounidense, coñecido pola súa actividade nos mercados financeiros e polos seus libros sobre economía e investimento. 📈📚

Unha das súas ideas máis coñecidas: os mercados non sempre son tan racionais como nos gustaría.

Os estudantes de Económicas:

“Por fin, alguén que entende o que pasa cando estudo a noite antes do exame.” 🫠

📚 Na biblio temos cinco das súas monografías. Para investigar, xa sabes onde acudir.





🌍📚 Martes de novidades!Que pasa cando o que compras, vendes ou produces cruza fronteiras? 🌎📦En International Trade: What...
29/09/2026

🌍📚 Martes de novidades!

Que pasa cando o que compras, vendes ou produces cruza fronteiras? 🌎📦

En International Trade: What Everyone Needs to Know, Anne O. Krueger achéganos ao mundo do comercio internacional para entender como funcionan as relacións económicas entre países e por que as decisións tomadas a miles de quilómetros poden acabar afectando o noso día a día.

🌍 Porque a economía mundial está máis preto do que parece. 😉

📖 Xa dispoñible na biblio (coa sinatura ECMA 1078).





📞 25 de setembro de 1956Hai 70 anos, o TAT-1 convertíase no primeiro cable telefónico transatlántico e facía posible fal...
25/09/2026

📞 25 de setembro de 1956

Hai 70 anos, o TAT-1 convertíase no primeiro cable telefónico transatlántico e facía posible falar entre Europa e América. 🌊📞

Unha auténtica revolución: dous continentes conectados cun cable baixo o Atlántico.

Hoxe temos videollamadas, fibra, 5G e internet a velocidade de foguete… e aínda así:

«Tes o micro pechado.» 💀

Conectar o mundo? Feito. Que nos escoiten? Iso xa é outra historia. 😌


📚 Martes de novidades!Esta semana o marketing vén por partida dobre 👀📖 Marketing / Roger A. Kerin, Steven W. Hartley (co...
22/09/2026

📚 Martes de novidades!

Esta semana o marketing vén por partida dobre 👀

📖 Marketing / Roger A. Kerin, Steven W. Hartley (coa sinatura A EM 201).
Para entender as bases detrás das marcas, as estratexias e as decisións que nos fan dicir: «vale, isto necesitooo».

💻 Marketing dixital e comercio electrónico / Inma Rodríguez-Ardura (coa sinatura A EM 200).
Porque agora o mercado tamén está na pantalla: redes, estratexias dixitais, comercio electrónico… 📱🛒

Dous libros para entender como se conquista ao consumidor. E non, non falamos de likes. 😉📚

📍 Xa dispoñibles na Biblio!

Dirección

Avenida Do Burgo Das Nacións, S/n
Santiago De Compostela
15782

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir