Unidade de Igualdade Uvigo

Unidade de Igualdade Uvigo Páxina oficial da Unidade de Igualdade da Uvigo.

Aínda hoxe seguimos celebrando a apareción da «primeira muller» en espazos onde deberiamos falar de presenza habitual, n...
06/04/2026

Aínda hoxe seguimos celebrando a apareción da «primeira muller» en espazos onde deberiamos falar de presenza habitual, non de excepcións.
A primeira reitora dunha universidade do SUG é un fito importante, pero tamén un recordatorio de que as mulleres seguen atopando barreiras para chegar aos postos de poder. E o mesmo acontece cando algunhas tradicións se usan como escusa para manter a exclusión, como no caso da Confraría da Purísima Sangue de Cristo de Sagunt, que decidiu preservar a prohibición da presenza feminina nas súas procesións baixo a idea de que «a tradición é a tradición».
A igualdade non pode seguir quedando fóra, por costume.
A imaxe da portada amosa a Katharine Graham, primeira editora de The Washington Post, co consello de administración do xornal en 1975.

Na nosa web está publicado o boletín do mes de febreiro, o número 110.
02/02/2026

Na nosa web está publicado o boletín do mes de febreiro, o número 110.

Xa está dispoñible o Boletín de igualdade núm. 109,  o do mes de xaneiro de 2026.Ata inicio do período lectivo pódese co...
30/12/2025

Xa está dispoñible o Boletín de igualdade núm. 109, o do mes de xaneiro de 2026.
Ata inicio do período lectivo pódese consultar en bit.ly/3MQX6im
Agardamos que sexa un recurso de interese.

Hoxe terá lugar o acto institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que consistirá...
17/11/2025

Hoxe terá lugar o acto institucional do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que consistirá nunha xornada académica en sesión de mañá e tarde.
Poderá seguirse en formato híbrido, presencialmente ou en directo pola Canle 2 de UVigo TV
Consulta o programa na nosa web bit.ly/3K52E7K

Chamamento a contribucións – Terceiro número da revista Gender on Dixital. Journal of Dixital Feminism A revista Gender ...
03/10/2025

Chamamento a contribucións – Terceiro número da revista Gender on Dixital. Journal of Dixital Feminism
A revista Gender on Dixital. Jounal of Dixital Feminism vinculada á Cátedra feminismos 4.0 DEPO-Uvigo, abre a convocatoria para o terceiro número, que estará dedicado á temática: sociedade dixital e xénero.
Vivimos nunha era profundamente marcada pola dixitalización, onde as tecnoloxías non só transforman as nosas formas de comunicación, traballo e relación, senón tamén os modos en que se reproducen —ou se desafían— as estruturas de poder. Este número busca reflexionar críticamente sobre como a contorna dixital pode ser un espazo de resistencia, transformación e cuestionamento do patriarcado.
Convidamos a persoal investigador a enviar artigos para o monográfico de Sociedade dixital e o xénero; outros artigos de investigación de temáticas relacionadas; ou recensións de libros.
Por todo iso, desde a Cátedra e desde a dirección desta revista, encantaríanos contar coas vosas achegas para poder seguir construíndo ese espazo científico de reflexión crítica e feminista, ao redor da dixitalización da sociedade, mediante a publicación e difusión desta revista.
Data límite de envío: 30 de outubro
Normas de publicación: revistas.uvigo.es/index.php/GOD/
Envío de propostas: revistas.uvigo.es/index.php/GOD/about/submissions
Enviar consultas á dirección de correo: [email protected]

🎯 Xornada “TECENDO COIDADOS. Construíndo masculinidades igualitarias desde a mocidade”.O vindeiro 7 de outubro, celébras...
30/09/2025

🎯 Xornada “TECENDO COIDADOS. Construíndo masculinidades igualitarias desde a mocidade”.
O vindeiro 7 de outubro, celébrase na USC, na Facultade de Dereito, esta xornada centrada na promoción de masculinidades igualitarias entre a mocidade.
🟣 A actividade é gratuita e poderá seguirse presencialmente ou por streaming.
👥 Está organizada polas Unidades de Igualdade da UVigo, USC e UDC, nun esforzo conxunto por fomentar reflexións e accións transformadoras desde o ámbito universitario.
📢 Animámosvos a participar e a compartir!

📢 A Unidade de Igualdade vai levar a cabo a 2ª diagnose de acoso sexual e acoso por razón de s**o na Universidade de Vig...
29/09/2025

📢 A Unidade de Igualdade vai levar a cabo a 2ª diagnose de acoso sexual e acoso por razón de s**o na Universidade de Vigo.
1️⃣ Nesta segunda fase, desde hoxe está dispoñible unha enquisa en liña a través da Secretaría Virtual en Formulario e Enquisas para recoller información do estudantado da Universidade de Vigo.
📩 Estará aberta a enquisa ata o 31 de outubro.
❗Lembrade que é moi importante a vosa participación para dispoñer de datos actualizados para poder coñecer a prevalencia e as características deste tipo de violencias no entorno da nosa universidade, e poder actuar en consecuencia.

Xa está dispoñible o   do mes de outubro. Podes consultalo no apartado "Boletín e recursos" da nosa web.
25/09/2025

Xa está dispoñible o do mes de outubro.
Podes consultalo no apartado "Boletín e recursos" da nosa web.

📢 Convócanse os Premios Egeria a TFG, TFM e teses de doutoramento con perspectiva de xénero🔍 Queres que a túa investigac...
17/09/2025

📢 Convócanse os Premios Egeria a TFG, TFM e teses de doutoramento con perspectiva de xénero
🔍 Queres que a túa investigación teña recoñecemento?
Se incorporaches a perspectiva de xénero no teu TFG, TFM ou tese, esta é a túa oportunidade.
🏆 A intención destes premios é visibilizar e impulsar a investigación con perspectiva de xénero, recoñecendo o traballo de quen se esforza por facer ciencia máis sen nesgos e máis igualitaria.
✨ Categorías:
🔸 TFG → 1 premio por cada ámbito
🔸 TFM → 1 premio por cada ámbito
🔸 Tese de doutoramento → 2 premios (todas as ramas).
⏰ Prazo: ata o 9 de outubro de 2025.
💡 Non perdas a ocasión de dar valor ao teu traballo!
Podes consultar as bases no Taboleiro electrónico ou na web da Unidade de Igualdade.

A Universidade de Vigo permanecerá pechada desde hoxe ata o 18 de agosto. Bo verán!
01/08/2025

A Universidade de Vigo permanecerá pechada desde hoxe ata o 18 de agosto.
Bo verán!

Dirección

Edificio Ernestina Otero, Campus De Vigo
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 17:00
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Unidade de Igualdade Uvigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Unidade de Igualdade Uvigo:

Compartir

Categoría