21/10/2026
⚖️ 𝗣𝗼𝗱𝗲𝗿 𝘅𝘂𝗱𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗿 𝗺𝗲𝗱𝗶á𝘁𝗶𝗰𝗼 📢 𝗘𝘀𝘁á𝘀 𝗰𝗼𝗻𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗮/𝗼
Cales son os límites deontolóxicos das actuacións de xuíces nos procesos de instrución? Como se determinan os excesos, os abusos de autoridade? Que papel xoga a ideoloxía nos actos procesais? Como o exercicio da profesión xornalística pode condicionar (ou non) as decisións xudiciais e as posteriores consecuencias para as persoas investigadas?
🎯 En conexión directa coa sociedade, o vindeiro venres someteremos a análise un asunto de máxima actualidade e impacto na gobernanza das institucións públicas no noso país.
🔝Neste de 𝗣𝗼𝗿𝘁𝗮𝘀 𝗔𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮𝘀, contaremos cunha das principais voces autorizadas na materia, o catedrático de Dereito Procesal da Universitat de Barcelona Jordi Nieva-Fenoll.
🗣️ Trala conferencia central abriremos un coloquio moderado pola investigadora de ECOBAS Laura Carballo Piñeiro, no que tamén tomará parte o profesor José Sixto García, da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
📅Venres 23 de outubro 🕕18 h
📍Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza de Praterías, 2) · Santiago de Compostela
ℹ️ 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶́𝘁𝗮 𝗮𝗾𝘂í 👉 https://ecobas.gal/events/conferencia-coloquio-con-jordi-nieva-catedratico-de-dereito-procesal-da-ub/