Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
«O peor galego é o que non se usa»

🎙️ Fas un pódcast en galego? Hai un premio para ti.A Deputación da Coruña convoca a I edición do Premio Transmitindo na ...
09/10/2026

🎙️ Fas un pódcast en galego? Hai un premio para ti.

A Deputación da Coruña convoca a I edición do Premio Transmitindo na Lingua Galega, recoñecendo os mellores pódcast en galego en catro categorías:
🎭 O teatro do aire · Ficción sonora
🗣️ A palabra fiada · Entrevistas e conversas
🔍 A pescuda sonora · Divulgación e xornalismo
🌐 A voz da nosa lingua · Promoción do galego

📅 Inscricións ata o 18 de decembro ás 14.00 h
🔗 https://f.mtr.cool/lw0ydluygu

💙 Empresa e galeguidade: unha tradición con futuroQue relación existe entre a actividade empresarial, a identidade e a l...
05/10/2026

💙 Empresa e galeguidade: unha tradición con futuro

Que relación existe entre a actividade empresarial, a identidade e a lingua galegas? Sobre esta cuestión reflexionará a mesa redonda que se celebrará este xoves na Universidade de Vigo.

Participarán:
🗣️ Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia
🗣️ Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador
🗣️ Ricardo Gurriarán, historiador e biógrafo de Enrique Peinador Lines

O encontro estará presidido por Jesús Vázquez, decano da facultade, e presentado pola profesora Ana Gueimonde.

📅 8 de outubro | 11.00 h
📍 Sala de lecturas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus Ourense)
🎟️ Entrada de balde, sen reserva previa

Un espazo para falar de empresa, identidade e lingua e para reflexionar sobre o papel do galego no ámbito económico e empresarial.

A lúa de outubro a sete cubre e se chove, nove. 🌖
02/10/2026

A lúa de outubro a sete cubre e se chove, nove. 🌖

💬 Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?A Área de Normalización Lingüística continúa a...
01/10/2026

💬 Coñeces os teus dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo?

A Área de Normalización Lingüística continúa a traballar para dalos a coñecer a toda a comunidade universitaria cun novo recurso, o folleto de Dereitos e deberes lingüísticos na Universidade de Vigo.

Hoxe presentámosche os dous primeiros de cada.

Porque coñecer os nosos dereitos tamén implica coñecer as responsabilidades que temos como comunidade universitaria.

📖 Consulta o folleto completo e descubre os 10 dereitos e 10 deberes lingüísticos da UVigo.

🔗 https://f.mtr.cool/ek11ihgtij

28/09/2026

SORTEAMOS 10 SUPERCAMISETAS 🦸👕

Escoitamos que vós tamén queredes amosar o voso superpoder presumindo de camiseta, así que vimos poñerlle remedio 🪄

🔗 Participa aquí 👇
https://f.mtr.cool/22n8deydvv

23/09/2026

Tes un superpoder que te conecta. Amósao! Agora é o momento!

17/09/2026

Non sabía que poñer hoxe e puxen un superpoder!
Agora é o momento!

Volta co teu superpoder ás aulas! Agora é o momento!
11/09/2026

Volta co teu superpoder ás aulas! Agora é o momento!

📚 Xa está aberta a matrícula dos cursos de galego da Universidade de VigoPoñemos en marcha unha nova edición dos cursos ...
10/09/2026

📚 Xa está aberta a matrícula dos cursos de galego da Universidade de Vigo

Poñemos en marcha unha nova edición dos cursos de formación en lingua galega, en liña e dirixidos a toda a comunidade universitaria.

💻 Modalidade en liña 🗓️ Matrícula: do 7 ao 25 de setembro

Oferta formativa:
🔹 Iniciación á lingua galega
🔹 Os erros máis frecuentes na lingua galega
🔹 A calidade lingüística na universidade
🔹 Linguaxe administrativa e xurídica
🔹 Corrección da escrita coas TIC

✨ Mellora a túa competencia lingüística, perfecciona a escrita e incorpora o galego ao teu ámbito académico e profesional.

Inscricións 🔗 https://f.mtr.cool/ozm5cmzxmj

09/09/2026

Amosa o teu superpoder 💥! Agora é o momento! 💗

Dirección

Campus Universitario De Vigo
Vigo
36310

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo:

Atajos

Compartir

Categoría