Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias

  • Casa
  • España
  • Vigo
  • Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias

Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Alimentarias
UNIVERSIDADE DE VIGO A compatibilidade entre a produción de alimentos e protección ambiental.

2.

O Grupo de Investigacións Agro-Ambientáis e Agroalimentarias está constituído por investigadores que veñen desenvolvendo a súa actividade nos diferentes eslavóns da cadea alimentaria e comparten o obxetivo de mellorar a produción, a calidade e a seguridade das materias primas e dos alimentos seguindo, do mesmo modo que outros centros punteiros neste ámbito a escala internacional, unha perspectiva

global (“farm to fork”). As características internas máis significativas do grupo son as seguintes:

• Complementariedade: Cada un dos investigadores e das liñas de investigación que o compoñen abordan dende a súa perspectiva metodolóxica e conceptual a investigación nos alimentos para abordar con garantías proxectos que abranguen dende a “granxa ao prato”, e dicir, dende a produción de materias primas ao consumidor.

• Articulación: O grupo AA1 por unha banda articúlase de xeito vertical ao longo da cadea de valor da produción de alimentos: dende a produción primaria a transformación e desenvolvemento de novos produtos, o aproveitamento dos refugallos e a calidade e seguridade das materias primas e dos produtos finais. Tamén existe unha articulación metodolóxica e conceptual xa que tódalas liñas de traballo que interseccionan e que comparten e empregam os mesmos procedementos experimentais, recursos e equipamentos científicos ou os fins da súas actividades son similares.

• Ámbito xeográfico: O ámbito xeográfico inmediato é o sur de Galicia, estando perfectamente integrados no seu entorno socioeconómico.

• Masa crítica: O agrupamento abrangue máis dun cento de investigadores en conxunto, sendo de eles uns 10 funcionarios de plantel. Dende a perspectiva integradora “farm to fork”, é un dos grupos de investigación do ámbito alimentarios máis grande de Galicia, considerando tanto o SUG como o resto das OPIs tanto en termos de recursos humanos que mobiliza como de volume de produción científica e de recursos captados.

• Diversidade epistemolóxica: Fronte a agrupacións monolíticas en canto á procedencia disciplinar dos seus membros, o AA1 abrangue diferentes áreas de coñecemento con perfís profesionais moi diferentes, dende físicos a veterinarios e dende biólogos a enxeñeiros. Esta característica fai do AA1 un espazo de diversidade epistemolóxica que enriquece o enfoque dos problemas que aborda e permite solucións pouco previsibles en outro tipo de agrupamentos de carácter corporativo. O AA1 ten unha visión integral vertical na abordaxe "do prado ao prato" (“farm to fork”), e aborda os problemas ao longo de toda a cadea alimentaria, pero cun foco especial en:

1. As esixencias dos consumidores de produtos alimenticios seguros, saudables, máis satisfactorios sensorialmente, e cómodos de usar.

3. As demandas industriais de valorización eficiente de residuos agroalimentarios e subprodutos. O AA1 é unha realidade madura na área da cadea alimentaria global. Naceu co foco na valoración eficiente de subprodutos, tanto os residuos non alimentarios (tales como o estrume animal, residuos de cultivos, etc.), coma os produtos alimentarios de baixa calidade, xa sexan de vexetais e froitas ou de subprodutos animais. Dúas estratexias diferentes están a seguirse dependendo do tipo de subprodutos: a valoración agronómica para residuos non alimentarios, e a valorización industrial para os produtos alimenticios de baixa calidade. No primeiro caso, o foco está na produción sustentábel de alimentos, prestando atención á bioacumulación de contaminantes e aos seus efectos sobre a calidade do solo e produtividade agrícola. No outro caso, o foco está no desenvolvemento de novos alimentos a través da recuperación ou produción de ingredientes funcionais a partir dos subprodutos, así como no aumento da súa vida útil obtendo produtos máis estables. En calquera dos casos, o obxectivo será obter alimentos seguros con alta calidade sensorial, nutricional e funcional. O AA1 está formado por científicos con experiencia en 3 áreas estratéxicas. Destas 3 áreas, 2 son verticais:

1. "Produción sostible de alimentos": principalmente ao cargo de biotecnólogos e bioquímicos. Ten traballado por moito tempo estudando o transporte de contaminantes no sistema solo-auga-cultivo e na contaminación dos recursos hídricos. Algúns deles tamén traballaron na valorización de residuos na agricultura e silvicultura.

2. "Desenvolvemento de novos alimentos": con especialistas na recuperación e bioprodución de ingredientes funcionais a partir de subprodutos e residuos, así como no desenvolvemento de non soio novos alimentos funcionais, senón tamén novos envases activos para alimentos. Outra área é horizontal e pode servir de nexo entre as dúas anteriores. Trátase de "Calidade e seguridade dos alimentos", e está formado por químicos, nutricionistas e bromatólogos, con ampla experiencia en desenvolvemento de métodos analíticos con instrumentación potente para desenvolver novas estratexias que permitan garantir a seguridade e autenticidade de alimentos.

A investigadora Lucía Cassani do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias da Universidade de Vigo foi ...
26/02/2026

A investigadora Lucía Cassani do Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias da Universidade de Vigo foi premiada na I Edición dos Premios de Investigación en Productos Naturales da empresa de biotecnoloxía Natac, polo seu estudo sobre técnicas de extracción de compostos bioactivos das flores de Arnica montana, en colaboración coa Università Cattolica del Sacro Cuore (Italia), a Universidad de Murcia e o ISEP - Instituto Superior de Engenharia do Porto (Portugal).

-------------------------------------------------------------------

Researcher Lucía Cassani from the AA1 Group of Universidade de Vigo received an award in the first edition of the Natural Products Research Award from the biotechnology company Natac, for her study on techniques for extracting bioactive compounds from the flowers of Arnica montana, in cooperation with the Università Cattolica del Sacro Cuore (Italy), the University of Murcia and the ISEP – Superior Institute of Engineering from Porto (Portugal).

A doutora Lucía Cassani, investigadora do grupo AA1, foi recoñecida pola compañía Natac co Accésit na categoría de Investigador Consolidado, sendo recoñecida pola innovación metodolóxica, o rigor estatístico e a integración avanzada de ferramentas multiómicas nas súas investigacións, p...

Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nosas investigadoras do Grupo AA1 da U...
18/02/2026

Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as nosas investigadoras do Grupo AA1 da Universidade de Vigo visitaron o CEIP Josefa Alonso de Alonso para achegar a ciencia ás aulas de idades comprendidas entre 10 e 11 anos.

Non perdas a noticia na nosa web!

------------------------------------------------------------------------

Due to the proximity of 11th of February, International Day of Women and Girls in Science, our researchers from the AA1 Group at the University of Vigo visited the Josefa Alonso de Alonso Primary School to bring science to the classrooms of 10 and 11-year-olds.

Don't miss the news on our website!

No marco do 11 de Febreiro – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, as investigadoras do grupo AA1 sediadas en Ourense e Vigo levaron a cabo un taller informativo no colexio CEIP Josefa Alonso de Alonso de Vigo.

Nova publicación sobre a participación do noso grupo no proxecto AgroSpace - Interreg Sudoe, onde tamén toman parte os g...
09/02/2026

Nova publicación sobre a participación do noso grupo no proxecto AgroSpace - Interreg Sudoe, onde tamén toman parte os grupos de Aerospace Technology Research Group (ATRG) - Universidade de Vigo | atlanTTic e de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo.

Jesus Simal-Gandara fala con Campo Galego sobre a importancia das tecnoloxías aeroespacias para a mellora da gobernanza e a toma de decisións informadas en agricultura, permitindo así a detección de boas prácticas agroalimentarias.

Máis información na nosa web! https://aa1.es/?p=2599

----------------------------------------------------------------------------------

New post covering the participation of our group in AgroSpace - Interreg Sudoe, counting also with Aerospace Technology Research Group (ATRG) - Universidade de Vigo | atlanTTic and Contemporanean History of Universidade de Vigo.

Jesus Simal-Gandara talks to Campo Galego about the importance of space technologies for improving governance and informed decision making in agriculture, thus favouring the identification of good agri-food practices.

Check our website for more information! https://aa1.es/?p=2599

O Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias da Universidade de Vigo (AA1) participa xunto cos grupos de Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea do proxecto AgroSpace, unha iniciativa do programa Interreg Sudoe para a cooperación transfronteiriza nas rexións do sudoeste de Europ...

06/02/2026

Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte […]

Nuevo artículo de divulgación de nuestro IP, Jesus Simal-Gandara, sobre los retos del sistema alimentario y cómo el uso ...
23/12/2025

Nuevo artículo de divulgación de nuestro IP, Jesus Simal-Gandara, sobre los retos del sistema alimentario y cómo el uso de IAs (como en el proyecto SOSFood) puede ayudar a superarlos.

Encuentra la información y el link al artículo original en nuestra web!

Felices fiestas

Jesús Simal, catedrático Investigador Principal (IP) del grupo AA1, ha publicado un nuevo artículo en el portal de divulgación científica Scientias, en el que aborda el papel del análisis de datos y la inteligencia artificial (IA) en la construcción de sistemas alimentarios más justos y sost...

Non perdas a oportunidade de participar na 3a edición do programa Erasmus+ BIP Radiant, a decorrer en febreiro de 2026!R...
05/12/2025

Non perdas a oportunidade de participar na 3a edición do programa Erasmus+ BIP Radiant, a decorrer en febreiro de 2026!

Rexístrate até o 12 de decembro.

Máis información na nosa web! 👇

--------------------------------------------------------------------------

Don't miss the chance to participate in the 3rd edition of the Erasmus+ BIP Radiant programme taking place in February, 2026!

Register until Dec 12th!

More info in the web! 👇

A Universidade de Vigo comprácese en anunciar a terceira edición do BIP Erasmus RADIANT: Tradition in culinary innovation: from minor to major, un curso intensivo que combinará ensinanza en modelo presencial e, tamén, virtual. Este programa está pensado para estudantes que queiran explorar a in...

Unha nova edición do Simposio de Investigacións Agrarias e Alimentarias! O evento consolídase como punto de encontro do ...
01/12/2025

Unha nova edición do Simposio de Investigacións Agrarias e Alimentarias! O evento consolídase como punto de encontro do talento investigador da Universidade de Vigo e, en especial, do noso Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias!

--------------------------------------------------------------------------

A new edition of the Symposium on Agricultural and Food Research! The event has established itself as a meeting point for the research talent of the University of Vigo and, in particular, for our AA1 Agricultural and Food Research Group!

A segunda edición do Simposio de Investigacións Agrarias e Alimentarias do Grupo AA1 celebrouse este venres día 28 de novembro no Citexvi, reunindo máis unha vez ao estudantado predoutoral e á equipa de investigación posdoutoral do grupo AA1 nun foro que continúa a medrar e a consolidarse nes...

El Grupo AA1 durante su segundo Simposium
29/11/2025

El Grupo AA1 durante su segundo Simposium

26/11/2025

Só dous días para o II Simposio en Investigacións Agrarias e Alimentarias! Le na nosa web e non esquezas seguirnos para máis novidades! Just two days for the II Agri-Environmental and Food Research Symposium! Check the news for info and do not forget following us to keep posted! aa1.es?p=2542 ht...

Só dous días para a segunda edición do Simposio en Investigacións Agrarias e Alimentarias!Le as novas na nosa web para m...
26/11/2025

Só dous días para a segunda edición do Simposio en Investigacións Agrarias e Alimentarias!

Le as novas na nosa web para máis información e non esquezas seguirnos para máis novidades!

--------------------------------------------------------------------------

Just two days for the second edition of the Agri-Environmental and Food Research Symposium!

Check the news on our web for info and do not forget following us to keep posted!

A Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi) acollerá, no vindeiro venres 28 de novembro, a segunda edición do Simposio do Grupo de Investigación Agroambiental e Agroalimentaria (AA1), consolidando así unha iniciativa nacida o ano pasado e que arrincou a súa primeira edición na Facultade de Ciencia...

(GL/EN)As investigadoras Paz Otero, Lucía Cassani, Antía Torres e Carla Cameselle participaron na 39ª edición da confere...
21/11/2025

(GL/EN)

As investigadoras Paz Otero, Lucía Cassani, Antía Torres e Carla Cameselle participaron na 39ª edición da conferencia internacional EFFoST 2025, que tivo lugar entre o 17 e 19 de novembro no Porto (Portugal). A Conferencia tivo lugar na Escola Superior de Biotecnologia da Universidade Católica Portuguesa e tivo como tema principal a transición cara sistemas alimentarios sostíbeis, con particular interese nas novidades e os retos e desafíos para a investigación científica no ámbito.

--------------------------------------------------------------------------

Researchers Paz Otero, Lucía Cassani, Antía Torres and Carla Cameselle participated in the 39th edition of the international conference EFFoST 2025, which took place from 17 to 19 November in Porto, Portugal. The conference took place at the School of Biotechnology of the Catholic University of Portugal and its main theme was the transition towards sustainable food systems, with particular interest in the latest developments and the challenges and opportunities for scientific research in the field.

https://aa1.es/?p=2528

European Federation of Food Science and Technology (EFFoST)

As investigadoras Paz Otero, Lucía Cassani, Antía Torres e Carla Cameselle participaron na 39ª edición da conferencia internacional EFFoST 2025, que tivo lugar entre o 17 e 19 de novembro no Porto (Portugal). A Conferencia tivo lugar na Escola Superior de Biotecnologia da Universidade Católica ...

Cada nova edición do Shanghai Ranking considera ao redor de 1800 universidades de todo o mundo, de entre as cales públic...
20/11/2025

Cada nova edición do Shanghai Ranking considera ao redor de 1800 universidades de todo o mundo, de entre as cales públicanse os resultados das mil mellores.

No 2025, a Universidade de Vigo conseguiu grandes resultados na área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, ao aparecer en terceira posición a nivel europeo, en primeira posición a nivel español e sendo considerada a número 17 a nivel global, o que supón un pulo importante para o prestixio dos programas de Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental e o Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

ShanghaiRanking Consultancy publicou hoxe, 18 de novembro, a nova edición da súa particular lista global de universidades, o famoso ShanghaiRanking.

Dirección

CITEXVI, Universidade De Vigo
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Grupo de Investigacións Agro-Ambientais e Agroalimentarias:

Compartir