EE Telecomunicación - UVigo

EE Telecomunicación - UVigo A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (1985) imparte estudos oficiais de grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Xogando ás telecomunicacións 🌐🎲 Para agradecer a participación do alumnado nas IV Olimpiadas Teleco, enviamos un agasall...
28/05/2026

Xogando ás telecomunicacións 🌐🎲

Para agradecer a participación do alumnado nas IV Olimpiadas Teleco, enviamos un agasallo moi especial a cada equipo: Net’wor Forest.

Un xogo de mesa colaborativo creado polos compañeiros da Escuela Politécnica da Universidad de Alcalá Iván Marsá Maestre e Juan Ramón Velasco Pérez, financiado por F E C Y T · Ciencia e Innovación ·. Nel, os participantes deben guiar a un grupo de viaxeiros a través dun bosque… unha viaxe que, en realidade, reproduce o percorrido que seguen os datos cando nos conectamos a Internet: os cruces do bosque funcionan como routers, os camiños como liñas de comunicación entre eles e as aldeas como os equipos que intercambian información.

Forma parte do proxecto JUEGA, que ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento de habilidades relacionadas coas TIC a través dos xogos de mesa: https://juegafecyt.web.uah.es/.

Agardamos que lles guste!

---

Jugando a las telecomunicaciones 🌐🎲

Para agradecer la participación del alumnado en las IV , enviamos un regalo muy especial a cada equipo: Net’wor Forest.

Un juego de mesa colaborativo creado por los compañeros de la Escuela Politécnica de la Universidad de Alcalá Iván Marsá Maestre y Juan Ramón Velasco Pérez, financiado por FECYT. En él, los participantes deben guiar a un grupo de viajeros a través de un bosque… un viaje que, en realidad, reproduce el recorrido que siguen los datos cuando nos conectamos a Internet: los cruces del bosque funcionan como routers, los caminos como líneas de comunicación entre ellos y los pueblos como los equipos que intercambian información.

Forma parte del proyecto JUEGA, que tiene como objetivo contribuir al desarrollo de habilidades relacionadas con las TIC a través de los juegos de mesa: https://juegafecyt.web.uah.es/.

¡Esperamos que les guste!

27/05/2026

En podes escoller como queres estudar o grao: coas materias en galego e castelán, ou maioritariamente en inglés, no Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE).

Os contidos son os mesmos, pero hai algo que marca a diferenza: os grupos son reducidos, cun máximo de 20 estudantes por curso.

Isto permite unha aprendizaxe máis próxima e personalizada. Como conta Jorge, ese formato facilita o apoio entre compañeiros e crea un ambiente de comunidade moi especial.



En nuestra Escuela puedes elegir cómo quieres estudiar el grado: con las asignaturas en gallego y castellano, o mayoritariamente en inglés, en el Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE).

Los contenidos son los mismos, pero hay algo que marca la diferencia: los grupos son reducidos, con un máximo de 20 estudiantes por curso.

Esto permite un aprendizaje más cercano y personalizado. Como cuenta Jorge, este formato facilita el apoyo entre compañeros y crea un
ambiente de comunidad muy especial.

Hai dúas semanas vivimos o momento máis especial do curso: os   |O 7 de maio os nosos estudantes presentaron os seus inn...
21/05/2026

Hai dúas semanas vivimos o momento máis especial do curso: os |

O 7 de maio os nosos estudantes presentaron os seus innovadores proxectos no museo Verbum, nunha feira tecnolóxica aberta a público xeral e profesionais de empresas do sector, e o 8 expuxéronos na propia Escola.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes a descubrir os prototipos e compartir estas xornadas con nós 🙌

O xoves celebrouse tamén o acto de clausura no que interviron Rebeca Díaz Redondo, directora da Escola , Manuel Caeiro Rodríguez, coordinador dos , Martín Llamas Nistal, director de Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, e Abel Caballero, alcalde de Vigo. Neste acto entregáronse os premios aos mellores traballos, avaliados polas empresas patrocinadoras do evento, todas elas de . Así, os proxectos gañadores foron SIRA, por parte de Marine Instruments; FerroVixia por parte de Optare Solutions; AugaCalidade por parte de QUOBIS; WaveBlaster por parte de Gradiant; e OPSIS por parte de CTAG.

Parabéns aos equipos gañadores e a todo o noso alumnado! É sempre un orgullo comprobar o enorme talento do estudantado de .



Hace dos semanas vivimos el momento más especial del curso: los LPRODays 26 |

El 7 de mayo, nuestros estudiantes presentaron sus innovadores proyectos en el museo Verbum, en una feria tecnológica abierta al público general y a profesionales de empresas del sector, y el 8 los expusieron en la propia Escuela.

Gracias a todas las personas que os acercasteis a descubrir los prototipos y a compartir estas jornadas con nosotros 🙌

Enhorabuena a los equipos ganadores y a todo nuestro alumnado. Es siempre un orgullo comprobar el enorme talento del estudiantado de Teleco de la Universidade de Vigo.

19/05/2026

Temos un novo estudante na Escola 🤖  E non lle falta ritmo!

Xa coñeces o novo robot humanoide Unitree G1?

—-

Tenemos un nuevo estudiante en la Escuela 🤖 ¡Y no le falta ritmo?

¿Ya conoces al nuevo robot humanoide Unitree G1?

A nosa compañeira Carmen García Mateo, catedrática de   e investigadora de Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnol...
18/05/2026

A nosa compañeira Carmen García Mateo, catedrática de e investigadora de Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, foi elixida o pasado venres como reitora da Universidade de Vigo, converténdose na primeira muller en asumir este cargo.

Parabéns e moita sorte nesta nova etapa!



Nuestra compañera Carmen García Mateo, catedrática de e investigadora de AtlanTTic, fue elegida el pasado viernes como rectora de la Universidade de Vigo, convirtiéndose en la primera mujer en asumir este cargo.

¡Enhorabuena y mucha suerte en esta nueva etapa!

Este martes, o alumnado da materia Arquitecturas e Servizos Telemáticos do 3º curso do grao   visitou as instalacións de...
14/05/2026

Este martes, o alumnado da materia Arquitecturas e Servizos Telemáticos do 3º curso do grao visitou as instalacións de Optare Solutions, empresa membro da rede de colaboración .

Durante a xornada, profesionais da compañía —moitos deles exalumnos da Escola— compartiron a súa experiencia e métodos de traballo, e presentaron algúns dos proxectos que están desenvolvendo, ligados á tecnoloxía 6G e á Intelixencia Artificial aplicada ao despregamento e orquestración de servizos.

Unha oportunidade única para achegar a realidade profesional ao estudantado. Moitas grazas pola boísima acollida!



Este martes, el alumnado de la asignatura Arquitecturas y Servicios Telemáticos de 3º del grado visitó las instalaciones de Optare Solutions, empresa miembro de la red de colaboración Conexión Teleco.

Durante la jornada, profesionales de la compañía —muchos de ellos exalumnos de la Escuela— compartieron su experiencia y métodos de trabajo, y presentaron algunos de los proyectos que están desarrollando, relacionados con la tecnología 6G y con la Inteligencia Artificial aplicada al despliegue y orquestación de servicios.

Una oportunidad única para acercar la realidad profesional al estudiantado. ¡Muchas gracias por la excelente acogida!

LPRODays 2026 | O talento de   en acción 💡O noso estudantado de 4º curso demostra, un ano máis, que está preparado para ...
12/05/2026

LPRODays 2026 | O talento de en acción 💡

O noso estudantado de 4º curso demostra, un ano máis, que está preparado para afrontar retos reais, con proxectos innovadores que combinan tecnoloxía, creatividade e impacto social.

Queres coñecer as 11 propostas protagonistas desta edición? 

1. BOLA (Basic Offside Line Assistance) é un sistema de asistencia arbitral para partidos de fútbol non profesional. 

2. Sinfonie é unha ferramenta de adestramento de dirección de orquestra a través da realidade virtual e do uso dunha batuta intelixente.

3. DormIA é un sistema de monitorización do sono que combina sensores con intelixencia artificial. 

4. FerroVixía transforma os trens comerciais en sensores activos capaces de detectar anomalías nas vías. 

5. WaveBlaster é un sistema autónomo para a detección de explosións submarinas asociadas á pesca ilegal mediante análise acústica en tempo real. 

6. Bookit é unha proposta de dixitalización para a xestión de salas de estudo, con reservas web e monitorización IoT das salas.

7. SIRA é un dispositivo deseñado para integrarse en vehículos, capaz de detectar sirenas de emerxencia e estimar a súa dirección de procedencia en tempo real. 

8.  AugaCalidade é un sistema IoT de baixo custo para monitorizar en tempo real a calidade da auga en traídas rurais. 

9. HYDRIA é un sistema modular de monitorización e alerta temprana ante inundacións, que emprega unha arquitectura IoT de baixo custo e alta eficiencia enerxética. 

10. OPSIS é un sistema de control da pantalla do coche, pensado para reducir o tempo que se desatende a conducción. 

11. GuideGuard é unha solución de vixilancia para audioguías empregando beacons BLE e nodos ESP32. 

Non podemos sentir máis orgullo do traballo e enxeño do noso estudantado ❤️

Premios Cátedra Oesía aos mellores traballos académicos 2024/2025 🏆 Parabéns aos nosos estudantes de   Luis López Valcár...
11/05/2026

Premios Cátedra Oesía aos mellores traballos académicos 2024/2025 🏆

Parabéns aos nosos estudantes de Luis López Valcárcel, Francisco Miguel González Castro e Raúl Estévez Gómez polos galardóns á mellor tese, TFM e TFG 👏

Os seus traballos abordan retos clave do presente e do futuro:
📡 Seguridade viaria e sistemas radio no ámbito automobilístico
🌐 Optimización de redes 6G
💡 Amplificación en chips fotónicos ata 100 veces máis económica

A Cátedra do Grupo Oesía creou esta primeira edición dos premios co obxectivo de fortalecer a conexión entre a investigación universitaria e o sector industrial, impulsando áreas estratéxicas como o deseño de antenas, a fotónica, a computación cuántica ou a IA aplicada ás comunicacións.



Premios Cátedra Oesía a los mejores trabajos académicos 2024/2025 🏆

Enhorabuena a nuestros estudiantes de Luis López Valcárcel, Francisco Miguel González Castro y Raúl Estévez Gómez por los galardones a la mejor tesis, TFM y TFG 👏

Sus trabajos abordan retos clave del presente y del futuro:
📡 Seguridad vial y sistemas radio en el ámbito automovilístico
🌐 Optimización de redes 6G
💡 Amplificación en chips fotónicos hasta 100 veces más económica

Esta primera edición de los premios nace para fortalecer la conexión entre la investigación universitaria y el sector industrial, impulsando áreas estratégicas como el diseño de antenas, la fotónica, la computación cuántica o la IA aplicada a las comunicaciones.

🚀 Comezan os  ! Un ano máis, o alumnado de 4º do grao   da  presenta os prototipos desenvolvidos na materia Laboratorio ...
07/05/2026

🚀 Comezan os !

Un ano máis, o alumnado de 4º do grao da presenta os prototipos desenvolvidos na materia Laboratorio de Proxectos nunhas xornadas abertas que xa son todo un clásico. Un dos momentos máis especiais do curso, onde o esforzo, a creatividade e o talento cobran vida en proxectos multidisciplinares pensados para dar resposta a problemas reais do día a día.

Esta mañá recibimos no museo Verbum a estudantado de ESO, Bacharelato e FP de diferentes centros: República Oriental do Uruguai, San Tomé, IES de Chapela, Rosais 2, Calasancias Vigo, Alexandre Bóveda, Labor, El Castro, Andersen e IES Castelao. Grazas pola voso interese nas once propostas!

Pola tarde, a feira tecnolóxica abre as súas portas ao público xeral e culminará coa entrega de premios aos mellores proxectos, da man das empresas de : CTAG, Gradiant, Marine Instruments, Optare Solutions e QUOBIS.

E isto non remata aquí: mañá os LPRO Days 26 trasládanse á Escola. Agardámoste!

---

🚀 ¡Comienzan los LPRO Days26!

Un año más, el alumnado de 4º del grado presenta los prototipos desarrollados en la asignatura Laboratorio de Proyectos en unas jornadas abiertas que ya son todo un clásico. Uno de los momentos más especiales del curso, donde el esfuerzo, la creatividad y el talento cobran vida en proyectos multidisciplinares pensados para dar respuesta a problemas reales del día a día.

Esta mañana recibimos en el Museo Verbum a estudiantado de ESO, Bachillerato y FP de diferentes centros.

Por la tarde, la feria tecnológica abre sus puertas al público general y culminará con la entrega de premios a los mejores proyectos. Y mañana los LPRO y Days26 se trasladan a la Escuela. ¡Te esperamos!

06/05/2026

O noso alumno Hugo Mera cóntanos por que decidiu estudar teleco na Universidade de Vigo, e non noutra universidade. O prestixo da Escola, así como do centro de investigación Atlanttic - Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, resultou determinante para el.



Nuestro alumno Hugo Mera nos cuenta por qué decidió estudiar teleco en la UVigo y no en otra universidad. El prestigio de la Escuela, así como del centro de investigación AtlanTTic, fue determinante para él.

Dirección

Rúa Maxwell S/n, Campus Universitario
Vigo
36310

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando EE Telecomunicación - UVigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a EE Telecomunicación - UVigo:

Compartir

Categoría