16/04/2025
A Delegación de Alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución ten o pracer de anunciar a celebración do patrón da Facultade, San Isidoro. O evento terá lugar o vindeiro 24 de abril na Facultade de Filoloxía e Tradución.
Teremos tres conferencias marabillosas dadas por tres profesionais dos campos da Filoloxía e da Tradución: Lucía Doval, Susana Barcia e María Méndez, que aceptaron con gusto participar nesta primeira edición (🫶).
Por outra banda, estará habilitado o servizo da cafetería cun equipo de música co obxectivo de crear un ambiente ideal para fomentar a interacción entre a nosa prezada comunidade. Un espazo perfecto para conversar e pasar un rato agradable.
Estades convidados a vir e celebrarmos todos xuntos esta festividade! ☺️🥳🥳
📅 Data: 24 de abril.
⏰️ Hora: dende as 11:30 ata as 18:30.
🗺 Lugar: Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo.