Universidade de Vigo

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Universidade de Vigo Espazo oficial en Facebook da Universidade de Vigo. Official Facebook space of Universidade de Vigo. Páxina oficial da Universidade de Vigo en Facebook

16/10/2026

🌊 Sabías que o primeiro mapa do fondo oceánico o elaborou unha muller á que lle prohibiran embarcar? Ou que a primeira muller en enrolarse nun buque británico foi a oceanógrafa galega Ángeles Alvariño?

Dende o Campus do Mar sumámonos á difusión da exposición itinerante «Oceánicas: pioneiras da oceanografía», organizada polo Instituto Español de Oceanografía - IEO e acollida pola Facultade de Ciencias do Mar. Universidade de Vigo, Facultade de Bioloxia - Universidade de Vigo, e a Facultade de Quimica da Universidade de Vigo.

Esta mostra rende homenaxe ao legado imprescindible de científicas como Jeanne Baret, Marie Tharp, Sylvia Earle e a propia Ángeles Alvariño, rompendo barreiras e inspirando ás futuras xeracións de investigadoras.

Podes visitar esta interesante exposición do 19 ao 31 de outubro no Edificio de Ciencias Experimentais do Campus de Lagoas, Marcosende.

Como complemento a exposición, o mércores 21 de outubro ás 11:00 estades convidados a "Un café con... Alberto González Garcés: Ángeles Alvariño, primeira oceanógrafa galega de relevancia mundial".

16/10/2026

Os Premios Alumni-UVigo acadan este ano a súa quinta edición. Un lustro poñendo en valor o esforzo, a perseveranza e o compromiso das e dos egresados da Universidade de Vigo . O vindeiro xoves 22 terá lugar o acto no que anunciarán as e os gañadores destes galardóns nos eidos de Investigación; Impacto Social; Humanidades; Traxectoria profesional e Emprendemento, elixidos por votación popular entre os membros da comunidade universitaria. Pero esta convocatoria comprende tamén tres distincións honoríficas para a escritora Ledicia Costas, o enxeñeiro aeroespacial Alejandro Sanz Fonta e o comandante director da Escola Naval Militar de Marín Tomás Clavijo Rey-Stolle.

➡️ https://acortar.link/DpXTiS

16/10/2026

O venres 30 de outubro terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o II Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro, organizado pola Fundación Plácido Castro e a AGPTI, coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, o Programa de Doutoramento en Paratradución da Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura.

Nesta segunda edición, Isabel Soto, gañadora do XXIII Premio de Tradución Plácido Castro por traer do italiano ao galego "A herdanza Ferramonti", de Gaetano Carlo Chelli, debullará as distintas capas desta obra desde a perspectiva da tradución.

➡️ Máis información:
https://www.fundacionplacidocastro.com/informacion/ii-seminario-permanente-de-traducion-placido-castro

Universidade de Vigo

16/10/2026
⚖️ All students have the right to freely form and join associations within the university community to safeguard their r...
16/10/2026

⚖️ All students have the right to freely form and join associations within the university community to safeguard their rights and responsibilities, encourage participation and contribute to the University's objectives...

⚖️ Todo o estudantado ten dereito a asociarse libremente dentro da comunidade universitaria para velar polo cumprimento dos seus dereitos e deberes, potenciar a participación e contribuír aos fins da universidade...

⚖️ Todo el estudiantado tiene derecho a asociarse libremente dentro de la comunidad universitaria para velar por el cumplimiento de sus derechos y deberes, potenciar la participación y contribuir a los fines de la universidad.

16/10/2026
16/10/2026
16/10/2026

🔝 After finishing the programme at the Centro de Linguas (Universidade de Vigo) last July, JC Vistal, from 🇵🇭 the Philippines, has just started studying Energy Engineering at the Universidade de Vigo. 👏🏻👏🏻👏🏻

🔝 Tras terminar el programa de en el Centro de Linguas (Universidade de Vigo) el pasado mes de julio, JC Vistal, de 🇵🇭 Filipinas, acaba de empezar a estudiar Ingeniería de la Energía en la Universidade de Vigo. 👏🏻👏🏻👏🏻

🔝 Tras rematar o programa de no Centro de Linguas (Universidade de Vigo) o pasado mes de xullo, JC Vistal, de 🇵🇭 Filipinas, vén de comezar a estudar Enxenaría da Enerxía na Universidade de Vigo. 👏🏻👏🏻👏🏻

Universidade de Vigo Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Campus Spain

16/10/2026

🌊💻 Dúas novas oportunidades para investigar o futuro das costas!

O Sistema de Observación Costero de las Illes Balears ofrece contratos predoutoral e posdoutoral para traballar nun proxecto de xemelgos dixitais costeiros. 🔬

Máis información 👉 https://www.socib.es/en/job-openings

16/10/2026

Dirección

Vigo
36310

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Universidade de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Universidade de Vigo:

Atajos

Compartir

Categoría