11/09/2026
📣 Nos próximos dias 25 e 26 de setembro irá decorrer em Vigo o 8º Ciclo de Cinema Galego-português 🎦
Organizado pelo Consello Da Cultura Galega, este projeto transfronteiriço regressa a Vigo na sua 8º edição com o lema «Mulheres - Patrimonios - Sociedade». A programação deste ano gira em torno da biografia coletiva das mulheres com a exibição de 3 filmes, colóquios e uma oficina sobre escrita íntima com uma das realizadoras.
📆 25- 26 setembro
📍 MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
🚪 A entrada é livre sujeita à lotação!
ℹ️ Todas as informações em: https://consellodacultura.gal/evento.php?id=202504
🎥 PROGRAMA 🎞️
🟠 Sexta, 25 de setembro
– 18:30 🎤️ Apresentação
– 18:45 🎬 "Crías" | Xiana do Teixeiro | Galicia | 2026 | 122’
«Que é un diario íntimo? "Crías" abre por primeira vez ducias de diarios que foran pechados para sempre e interpela a esa escritura propia da cultura de dormitorio: o que só podemos facer (ou dicir) cando ninguén nos mira, o que facemos para ninguén, para nós mesmas. No desdobramento de escribirse unha mesma xorde esoutra eu, perigosa, estraña, excitante, que ten prohibido saír ao mundo exterior. Pero, que sucedería se abrísemos eses diarios adolescentes xuntas? A película leva a cabo un exercicio de rehabilitación literaria: rescata libros nunca lidos nin respectados, mapea o inframundo da contrabiografía adolescente feminina e atopa un corpo común nas escrituras do eu. Desde o cuestionamento de como funciona o arquivo, ensáiase unha posible xenealoxía da destrución da escritura das mulleres.»
🗨️ Colóquio com a realizadora Xiana do Teixeiro.
🟠 SÁBADO, 26 de setembro
– 11:00 👩🏫 Oficina | Xiana do Teixeiro | «Eu non escribín iso, pero encantaríame telo escrito»
📑 Formato: 3 horas | 15 pessoas máx. | Idade recomendada: a partir de 12 anos
«Obradoiro sobre escritura íntima, actividade participativa arredor da investigación-filme Crías. O taller parte do visionado do filme Crías. Recoméndase asistir á sesión da proxección o día anterior, venres 25 de setembro. Teremos materiais no espazo para suplir o visionado ou revisar en grupo. A través de exercicios de introspección e lectura compartidas, traballarase sobre escritura íntima propia e allea. Poñeremos o foco en descubrir o que pode haber de colectivo na escritura privada, o potencial político das prácticas e discursos íntimos, e a súa relación co xénero. O obradoiro servirá tamén para achegar o formato do diario ás persoas participantes e practicar competencias de lectura, escritura, discusión e escoita grupal, así como o exercicio de escritura colectiva dun breve texto que recollerá a experiencia do taller e conectará con outros espazos onde tamén se traballe con este filme-investigación.»
– 19:00
🎬 "Cienfuegos, 1913" | Margarita Ledo Andión | Galicia | 2008 | 15’
«O sostemento da historia desde os corpos femininos, en concreto, a emigración galega a Cuba como consecuencia histórica da desigualdade na posesión da terra, dos foros e da pobreza estrutural.»
🎬 "Mulheres, Terra, Revolução" | Rita Calvário e Cecília Honório | Portugal | 2025 | 58’
«Entre o campo e a revolução, este documentário dá voz às mulheres rurais que foram protagonistas silenciosas da mudança. Através de testemunhos de agricultoras, cooperativistas e jornalistas, revela-se uma história de resistência, luta pela emancipação e construção de poder popular, num tempo em que falar —e agir— era, para muitas mulheres, um acto revolucionário.»
🗨️ Colóquio com Bruno Tiago Jesus Madeira, da Universidade do Minho