Conservatorio Superior de Vigo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Conservatorio Superior de Vigo ¡Benvidos!

🎶 HORIZONTES | Concerto en VigoO vindeiro 26 de outubro temos unha cita coa música no Auditorio Martín Códax do Conserva...
20/10/2026

🎶 HORIZONTES | Concerto en Vigo

O vindeiro 26 de outubro temos unha cita coa música no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

✨ Vasyl Tsanko, Gabriel Antão e Ricardo Antão únense neste concerto para compartir connosco unha proposta musical chea de matices e sensibilidade.

📅 26 de outubro de 2026
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Martín Códax — Conservatorio Superior de Música de Vigo

Agardámosvos para g***r xuntos da música en directo! 🎼

🎼 NOVO CURSO DE FORMACIÓN: DIDÁCTICA DA LINGUAXE MUSICAL 🎼Camiños para descubrir, explorar e crearQueres descubrir novas...
15/10/2026

🎼 NOVO CURSO DE FORMACIÓN: DIDÁCTICA DA LINGUAXE MUSICAL 🎼

Camiños para descubrir, explorar e crear

Queres descubrir novas formas de ensinar música e facer das túas clases unha experiencia máis creativa, dinámica e motivadora? 🎹

Da man de Luis Ponce de León, exploraremos diferentes enfoques pedagóxicos, novas maneiras de traballar a lectura e a educación auditiva, e a importancia do movemento e da creación na aprendizaxe musical.

📅 10 e 11 de decembro de 2026
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 h
📍 Modalidade: presencial
⏳ Duración: 8 horas

💶 Prezo:
▪️ Alumnado do centro: 40 €
▪️ Alumnado externo: 60 €

📝 Prazo de inscrición: ata o 27 de novembro de 2026.

🎯 Unha oportunidade para compartir experiencias, renovar ideas e descubrir novos recursos para levar directamente á aula.

📲 Inscríbete escaneando o código QR do cartel o clicando no enlace!

🎶 Porque ensinar música é moito máis que ensinar notas: é espertar a curiosidade, a creatividade e o pracer de aprender. 💙

Organiza: Departamento de Pedagoxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

🎓 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO 🎶O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM Vigo) celebra o acto de ...
29/09/2026

🎓 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO 🎶
O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSM Vigo) celebra o acto de apertura do curso académico 2026/27.
📅 Mércores, 30 de setembro
🕛 12:00 h
📍 Auditorio Martín Códax
🎼 O programa inclúe a clase maxistral:
“A gaita galega: Lembranza dun baile esquecido”
a cargo de Julio Alonso Monteagudo.
🎵 Ademais, contaremos coa intervención musical de Xiana Teixeiro, Rafael Muñoz e Alejo Amoedo, que acompañará e ilustrará as palabras de Julio Alonso Monteagudo.
✨ NON O PERDAS!

🎶 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGOO Conservatorio Superior de Música de Vigo dá a benvida ao novo curso cun ...
15/09/2026

🎶 ACTO DE APERTURA DO CURSO 2026/27 | CSM VIGO
O Conservatorio Superior de Música de Vigo dá a benvida ao novo curso cun acto de apertura moi especial:

🎼 A gaita galega: lembranza dun baile esquecido
Unha clase maxistral a cargo de Julio Alonso, acompañada dunha intervención musical de Xiana Teixeiro, Rafael Muñoz e Alejo Amoedo.

📅 Mércores, 30 de setembro
🕛 12:00 h
📍 Auditorio Martín Códax

Un encontro para celebrar a música, a tradición e o patrimonio sonoro de Galicia. 💙

Agardámosvos!

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️Se tedes algunha dúbida 💬,...
18/06/2026

📢Ampliouse o prazo de matrícula para as probas de acceso ao Máster ata o martes 23 de xuño! 🗓️
Se tedes algunha dúbida 💬, podedes consultar a páxina principal do conservatorio 👉🏼www.csmvigo.com ou contactar co director do Máster no seguinte correo electrónico 📩 [email protected]

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!🗓️...
09/06/2026

📢 Info sobre o Máster en Creación, Interpretación e Investigación Musical do Conservatorio Superior de Música de Vigo!

🗓️ Do 12 ao 19 de xuño poderás formalizar a túa inscrición nas probas, que se celebrarán nos primeiros días de xullo.

✅ Revisa con atención toda a documentación e os méritos que presentes, xa que só se valorará aquela que estea correctamente xustificada.

🎼 Para a proba de Interpretación, recomendamos a realización en directo. Se optas por gravación en CD/DVD, lembra que debe ser unha única toma realizada despois do 31 de maio de 2026.

🌍 O certificado B1 de inglés poderá entregarse ata o 30 de novembro.

📩 Dúbidas ou consultas? Contacta con: [email protected]

🚀 Non deixes pasar a oportunidade!

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasm...
09/06/2026

O Conservatorio Superior de Música de Vigo continúa fortalecendo os seus lazos internacionais a través do programa Erasmus+.

Durante a nosa estancia na Academia de Música da Universidade de Sarajevo (UNSA) tivemos a oportunidade de comprobar a extraordinaria acollida do seu profesorado e alumnado, así como de avanzar en novas vías de colaboración institucional entre ambas institucións.

Como culminación desta enriquecedora experiencia, celebrouse un concerto conxunto protagonizado por Cristina García Lomba (piano) e Esteban Valverde (clarinete), en representación do CSM Vigo, xunto con Belma Alić (violonchelo) pola Academia de Música da UNSA.

Unha experiencia musical e humana inesquecible que reforza o compromiso do CSM Vigo coa internacionalización, o intercambio cultural e a excelencia artística.

06/06/2026

🎶✨ Deixámosvos as intervencións musicais que tiveron lugar durante o Acto de Graduación celebrado o pasado xoves. 🎓

Nestes vídeos poderedes contemplar as magníficas interpretacións de Oswaldo Costal xunto a Estefanía Abeledo, así como a emotiva interpretación de Severino Ortiz e Cristina Barriga. 🎵👏

Agardamos que as disfrutedes 🎶❤️

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción,...
06/06/2026

🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación da promoción do Grao 2022-2026 e do Máster 2025-2026 nun acto cheo de emoción, música e momentos inesquecibles ❤️🎶

Da man do noso vicedirector, Ignacio Fernández, vivimos unha tarde moi especial na que non faltaron as palabras cheas de sentimento de Esteban Valverde, director do centro, e de Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra. Tamén puidemos escoitar os emotivos discursos en representación do alumnado de Grao e Máster, cheos de lembranzas ✨

As intervencións da madriña Rosa Gayoso e do padriño Oswaldo Costal, a entrega dos premios dos concursos do centro e a imposición das becas converteron a xornada nunha celebración para o recordo🎓🌹

A música puxo a banda sonora perfecta da man de Oswaldo Costal, Estefanía Abeledo, Severino Ortiz e Cristina Barriga 🎵

Parabéns a todo o alumnado graduado! Moita sorte nesta nova etapa 💙🎓

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo   🎼💥Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto d...
04/06/2026

E mañá venres poñemos fin ao Festival NAS ONDAS 2026, co ciclo 🎼💥

Ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax: Concerto de Premiados no XII Concurso de Música de Cámara do CSMVigo 🎹

Non faltes a esta festa final! Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta intensa programación, ao longo de tantos meses... 🥳

Dirección

Manuel Olivie, 23
Vigo
36203

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:00 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Teléfono

+34986471144

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Conservatorio Superior de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Conservatorio Superior de Vigo:

Compartir