Escuela de Magisterio CEU de Vigo

La Escuela Universitaria de Magisterio es un centro de la Fundación Universitaria San Pablo CEU, una institución educativa sin ánimo de lucro y de interés social, con más de 70 años de experiencia en el mundo de la enseñanza en el que goza de gran prestigio gracias a su alto nivel académico. Adscrita a la Universidad de Vigo, la Escuela Universitaria CEU de Magisterio se ha consolidado desde su fu

ndación en 1956 como uno de los principales referentes en Galicia en sus dos especialidades: Educación Infantil y Educación Primaria. En el curso 2010-2011 comienzan los estudios de Grado de Maestro en Educación Infantil y de Maestro en Educación Primaria. Como parte de la Fundación Universitaria San Pablo CEU es una institución comprometida con la excelencia académica, la investigación, la innovación tecnológica y la responsabilidad social y comparte todos sus objetivos de ayudar a conformar la sociedad del futuro: equilibrada, consciente de su entorno personal y medioambiental, a través de la recuperación de los valores humanos, reflejados en la ética y en la moral natural. Su voluntad de desarrollar, a través de esta Fundación y de los Centros Educativos que de ella dependan, los principios cristianos que inspiran el ideario de la Asociación Católica de Propagandistas (ACdP). Proporcionar, en general, a sus alumnos una íntegra formación humana, inspirada en la doctrina de la Iglesia Católica. Fomentar en nuestro alumnado la entrega a la construcción de una sociedad más justa y más fraterna mediante el servicio al bien común. La Fundación es coherente con este principio y también respetuosa con las libertades individuales, incluidas ideas y creencias, por lo que espera recíprocamente actitudes y comportamientos coherentes con su ideario.

📸 Empezamos un nuevo curso con la foto de familia de la Escuela.Un nuevo año por delante, nuevos proyectos y, sobre todo...
01/09/2026

📸 Empezamos un nuevo curso con la foto de familia de la Escuela.

Un nuevo año por delante, nuevos proyectos y, sobre todo, las mismas ganas de seguir aprendiendo, enseñando y construyendo juntos.

¡Bienvenido, curso 2026-2027!

25/08/2026

La ACdP con más de un siglo de historia elige nuevo presidente. 🤝 En la V Asamblea General Extraordinaria celebrada este...
19/07/2026

La ACdP con más de un siglo de historia elige nuevo presidente. 🤝

En la V Asamblea General Extraordinaria celebrada este sábado en Madrid, José Masip Marzá ha sido elegido presidente de la Asociación Católica de Propagandistas, relevando a Alfonso Bullón de Mendoza, quien ha dirigido la entidad desde 2018.

Hasta hoy, Masip era vicepresidente de la ACdP, además de codirector del Congreso Católicos y Vida Pública. Es licenciado en Derecho por la Universidad Complutense de Madrid y ejerce la abogacía en Castellón.

Con este nombramiento, asume también la presidencia de las obras de la Asociación: la Fundación Universitaria San Pablo CEU, la Fundación Abat Oliba, la Fundación San Pablo Andalucía CEU, el Colegio Mayor Universitario San Pablo y la Fundación Cultural Ángel Herrera Oria.

Un relevo que mira al futuro desde la fidelidad al carisma que, desde 1909, impulsa a los propagandistas a hacer presente el mensaje de la Iglesia en todos los ámbitos de la vida pública.

Baixo un sol de xustiza e con temperaturas que rozaron os 40 graos, preto dun cento de estudantes dos graos en Educación...
07/07/2026

Baixo un sol de xustiza e con temperaturas que rozaron os 40 graos, preto dun cento de estudantes dos graos en Educación Infantil e Educación Primaria da Escola Universitaria CEU de Vigo despediron o pasado venres a súa etapa universitaria acompañados das súas familias. Nin a intensa calor nin os abanicos, imprescindibles durante toda a xornada, impediron que a emoción fose a gran protagonista dun día inesquecible.
A celebración comezou cunha eucaristía na Concatedral-Basílica de Santa María de Vigo, presidida polo bispo da diocese de Tui-Vigo, Antonio José Valín Valdés, e concelebrada por outros sacerdotes, entre eles o capelán da Escola Universitaria CEU de Vigo, Uxío Nerga.
A continuación, o Auditorio da Fundación acolleu o acto académico de graduación, presidido pola directora , María Jesús Ayuso. Asistiron tamén, entre outras autoridades, Margarita Pino, delegada da Universidade de Vigo, e Alfonso Díez, director corporativo de Marketing da Fundación Universitaria San Pablo CEU.
As madriñas da promoción foron as encargadas de dirixir unhas palabras moi emotivas aos novos graduados. Paula Ramos Garrido realizou un percorrido polos catro anos compartidos na Escola, evocando as experiencias, aprendizaxes e vínculos creados durante esta etapa. Pola súa banda, Ana Cañño, madriña do Grao en Educación Primaria, converteu a súa intervención nun relato co que animou os futuros mestres e mestras a seguir escribindo, con ilusión e alegría, a historia que agora comezan.
En representación do alumnado interviñeron María López, delegada do Grao en Educación Infantil, e Anxo Míguez e Pablo Vaamonde, do Grao en Educación Primaria. Os seus discursos, acompañados de vídeos con imaxes dos catro anos vividos na Escola, provocaron algúns dos momentos máis emotivos da cerimonia, mesturando o humor, a nostalxia e o agradecemento.
A tradicional imposición das becas e a entrega dos diplomas puxeron o broche final a un acto cheo de emoción, aplausos e celebración, co que a promoción 2022-2026 pechou unha etapa decisiva da súa formación e deu o primeiro paso cara á súa vida profesional como futuros mestres e mestras.

A nosa escola, presente nun encontro internacional sobre literatura medievalAs profesoras Sandra Álvarez Ledo e Ana Caíñ...
01/07/2026

A nosa escola, presente nun encontro internacional sobre literatura medieval

As profesoras Sandra Álvarez Ledo e Ana Caíño Carballo participaron no coloquio internacional organizado pola Universidade de Vigo, que reuniu algunhas das principais voces especializadas en literatura medieval e poesía de cancioneiro.
Ana Caíño presentou a comunicación Transmisión, corpus e edición da poesía non dialogada de Juan Alfonso de Baena, mentres que Sandra Álvarez afondou nos Problemas textuais e ámbito de creación na poesía política da corte de Enrique III: o caso da caída do Cardeal de España.
A súa participación contribúe ao intercambio de coñecemento nun dos principais foros especializados neste ámbito.

Un curso más, los alumnos de primero de la Escuela de Magisterio CEU de Vigo han desarrollado el PROYECTO MPAD.1 (Mi Pri...
29/05/2026

Un curso más, los alumnos de primero de la Escuela de Magisterio CEU de Vigo han desarrollado el PROYECTO MPAD.1 (Mi Primera Acción Docente) en el Colegio Montesol de Vigo, a través de una iniciativa que celebra su cuarto aniversario organizando conjuntamente la primera experiencia de estos alumnos como maestros.

El proyecto forma parte del área de Diseño y Desarrollo del Currículum, donde se forman en la elaboración de programaciones didácticas, que finalmente, desarrollan en el centro escolar con el alumnado, tanto de EI en el primer cuatrimestre como de EP en el segundo.

El proyecto pone su foco en la necesidad de conocer cuanto antes la realidad de los centros escolares y el contacto directo con el alumnado, comprendiendo la importancia de la organización de la tarea como base de un trabajo eficaz en el aula y de la implementación de metodologías y recursos adecuados en el proceso de enseñanza-aprendizaje.

Nuestro agradecimiento más especial al Colegio Montesol, siempre dispuesto a colaborar con nosotros y a formar parte de la formación de los futuros maestros, poniendo a nuestro servicio tanto sus magníficas instalaciones como la experiencia, profesionalidad e ilusión de sus profesionales.

Hai eventos deportivos que mobilizan masas: a Champions, a Liga ou o Mundial que xa asoma polo horizonte. Nada comparado...
15/05/2026

Hai eventos deportivos que mobilizan masas: a Champions, a Liga ou o Mundial que xa asoma polo horizonte. Nada comparado ao torneo de fútbol organizado na nosa Escola por tres alumnas de 3º de Educación Infantil —Claudia, Victoria e Carla—, que durante dous xoves converteu o patio universitario nun escenario de alta tensión competitiva, celebracións épicas e, por momentos, auténtico xornalismo de investigación.
Porque esta noticia, hai que dicilo, non foi fácil de escribir. A pesar dos intentos desta redactora por conseguir datos oficiais, declaracións ou, cando menos, unha mínima nota de prensa por parte da organización, o silencio foi absoluto. Nin resultados, nin clasificacións, nin rolda posterior aos partidos. Probablemente os exames tiveron algo que ver, pero que o alumnado organice algo ben merece una reportaxe, así que non quedou outra que facer de xornalista: contrastar fontes, analizar fotografías, entrevistar a participantes e reconstruír os feitos case como quen investiga un crime:
E os feitos foron os seguintes:
O torneo disputouse durante dous xoves ( 7 e 14 de maio) e reuniu a numerosos equipos de distintos cursos e titulacións que xogaron para meterse na final que se celebrou onte. Na final de categoría mixta, enfrontábanse La NASA, de 3º de Infantil, e Pollitos, de 1º de Primaria. Contra todo prognóstico —ou quizais non—, La NASA impúxose e levou o trofeo nun partido moi disputado. Pola súa banda, na categoría feminina, FUTWOLF, de 3º de Primaria, mediuse coas Celestes, de 1º de Infantil A. O encontro deixou grandes xogadas e unha vitoria final para o equipo de infantil, quen contaba nas súas filas con Marta Blanco, xogadora que tamén se dedica a docencia. Por último, no torneo masculino, os Streat Celtarras, de 3º de Primaria, caeron fronte ao equipo de 2º de Primaria, (Paréntesis), tras outro partido cheo de competitividade, tensión e moi reñido, segundo fontes.
A entrega de trofeos estivo presidida polo bispo Antonio Valín e pola nosa directora María Jesús Ayuso, que puxeron o broche final a unha competición que xa forma parte da historia deportiva —e case tamén xornalística— da Escola.

A comunidade educativa da Escola celebrou a tradicional eucaristía de fin de curso en honra da Virxe María, un encontro ...
15/05/2026

A comunidade educativa da Escola celebrou a tradicional eucaristía de fin de curso en honra da Virxe María, un encontro para agradecer todo o vivido, aprendido e compartido ao longo destes meses. A celebración, coordinada e organizada polo Departamento de Pastoral da Escola, estivo presidida polo bispo Antonio Valín, quen na súa homilía partiu das palabras do Evanxeo: “Este é o meu mandamento: que vos amedes uns aos outros como eu vos amei”.
A partir desta mensaxe, lembrou que probablemente este sexa o mandamento máis difícil de vivir e practicar, pero tamén o máis necesario. Animou o alumnado a comprender que todos somos discípulos e non servos, chamados a construír relacións baseadas no respecto, no coidado e na entrega aos demais. Nun contexto educativo, destacou tamén a importancia de trasladar ese compromiso á futura tarefa docente, facendo do amor, da empatía e da atención ás persoas unha maneira de estar no mundo e de exercer a profesión docente.
A celebración contou coa participación do alumnado, do persoal de administración e servizos e do persoal docente e investigador, que tomaron parte nas diferentes lecturas, petición, cantos e momentos da eucaristía. Ademais, realizouse unha ofrenda floral á Virxe María como símbolo de gratitude polo curso compartido. O curso 2025/2026 vai chegando ao seu fin e, con el, reafirmamos a nosa fe, a nosa esperanza e o compromiso de seguir construíndo unha escola e unha sociedade máis humanas, guiadas polo coidado, o respecto e a entrega aos demais.

Dirección

Carretera De Madrid, 8
Vigo
36214

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 14:00

Teléfono

+34986414498

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escuela de Magisterio CEU de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría