CIFP Audiovisual de Vigo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

CIFP Audiovisual de Vigo Para facer consultas sobre os ciclos chamen ao 886 111 152

No CIFP Audiovisual de Vigo, EAV, impártense actualmente os ciclos superiores de Son (modalidade ordinaria e modular a distancia), de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (modalidades ordinaria e modular), o CS de Realización de Audiovisuais e Espectáculos (modalidades ordinaria e modular), o CS de Iluminación, Captación e Tratamento de Imaxe (modalidades ordinaria e modular), o CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos (modalidade ordinaria), o CM de Video DJ e Son (modalidade ordinaria) e o Máster FP de Audiodescripción e Subtitulado.

Así pechamos o noso  ! 📺🇪🇺Onte á tarde o plató da EAV converteuse nun estudo de televisión en directo para a Erasmus TV....
15/10/2026

Así pechamos o noso ! 📺🇪🇺

Onte á tarde o plató da EAV converteuse nun estudo de televisión en directo para a Erasmus TV. O propio alumnado contou en primeira persoa as súas mobilidades KA131 e KA121, o BIP en Bruxelas e o proxecto Régisseurs Sans Frontières.

Foi unha xornada chea de historias, de Europa e de moito traballo en equipo. Grazas a todo o alumnado que se puxo diante e detrás das cámaras, ao profesorado que fixo posible o programa e á Coordinación de Programas Internacionais por organizar estes Erasmus Days. 💙

Seguimos enriquecendo vidas e abrindo mentes. ✨



O pasado venres, o Ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (quenda de tarde) organizou unha xornada de benvida...
09/10/2026

O pasado venres, o Ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos (quenda de tarde) organizou unha xornada de benvida, a fin de favorecer que o alumnado de distintos ciclos interactuasen entre si a través de distintas actividades lúdicas.

A xornada foi unha oportunidade e crear novos vínculos entre compañeiros e compañeiras, nun ambiente distendido propicio para facer comunidade. Agradecer a súa deferencia ás empresas que de xeito desinteresado colaboraron no acto.

O CIFP  Audiovisual de Vigo celebra os  ! 🇪🇺✨Este ano os Erasmus Days chegan á súa 10ª edición e na EAV celebrámolo o mé...
09/10/2026

O CIFP Audiovisual de Vigo celebra os ! 🇪🇺✨

Este ano os Erasmus Days chegan á súa 10ª edición e na EAV celebrámolo o mércores 14 de outubro:

📚 Pola mañá · Erasmus+ nas aulas Presentación do Proxecto Erasmus+ 26-27 e novas vías de participación

🌍 15:00 h · Erasmus+, máis que unha mobilidade Proxectos KA220, BIP (Blended Intensive Programmes) e outros proxectos internacionais de cooperación.

📺 16:30–18:30 h · Erasmus TV: Programa en directo desde o plató do centro: Distintas experiencias do alumnado e profesorado cos nosos proxectos KA131 e KA121

Queres facer as prácticas en Europa? Pregunta na Coordinación de Programas Internacionais.

Enriquecendo vidas, abrindo mentes.

🎬 O noso alumnado segue conectando coa industria! 🚀2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos acudiu as sesións adic...
25/09/2026

🎬 O noso alumnado segue conectando coa industria! 🚀

2º de Produción de Audiovisuais e Espectáculos acudiu as sesións adicadas ao sector profesional do Galician Freaky Film Festival 🧟‍♂️🍿

📢 Alí puideron g***r dunha masterclass sobre distribución audiovisual a cargo de de , seguida dunha fantástica mesa redonda xunto a .gallego.gordillo de e de

Foi un auténtico luxo poder aprender de grandes profesionais que compartiron os secretos do seu oficio! ✨ Noraboa ao pola organización e mil grazas pola acollida! 🙌

Ata a próxima! 🖤📽️

⚠️ Queda unha praza libre no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estab...
24/09/2026

⚠️ Queda unha praza libre no CS de Produción de Audiovisuais e Espectáculos de 1º de mañá para o curso 2026-27. Se estabas agardando ou che interesa incorporarte, este é o momento.

Adxudícanse por orde de chegada. Pregunta en administración do centro pola dispoñibilidade nese intre.

💡 Tes unha idea que pode ser un proxecto? Lévaa ao Smart-Up Galicia!Presenta a túa idea nun stand propio, defende o teu ...
24/09/2026

💡 Tes unha idea que pode ser un proxecto? Lévaa ao Smart-Up Galicia!

Presenta a túa idea nun stand propio, defende o teu pitch ante un xurado profesional e conecta con empresas do sector. Hai unha categoría específica para FP, cun bono formativo de 2.000 € 🏆

📍 Cidade da Cultura, Santiago
🗓️ 29 de outubro · 10:00
⏳ Inscrición ampliada ata o 9 de outubro

Bases e inscrición: No QR code da imaxe

📢 AVISO · PRAZAS LIBERADAS E AMPLIACIÓN DE PRAZO🗓️ Ata o 25 de setembro ás 13:00 hPrazas dispoñibles en:🎥 Ciclo Superior...
23/09/2026

📢 AVISO · PRAZAS LIBERADAS E AMPLIACIÓN DE PRAZO
🗓️ Ata o 25 de setembro ás 13:00 h
Prazas dispoñibles en:
🎥 Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos
💻 Algúns módulos dos ciclos en modalidade a DISTANCIA
⚠️ As prazas asígnanse por orde de chegada.
ℹ️ Toda a información: https://www.edu.xunta.gal/.../admision-fp-2026-2027...
❓ Pregunta en conserxería sobre a dispoñibilidade actualizada.

Un documental dirixido por un antigo alumno da EAV estréase no Festival de Sitges.Josiño Araújo cursou Produción de Audi...
22/09/2026

Un documental dirixido por un antigo alumno da EAV estréase no Festival de Sitges.

Josiño Araújo cursou Produción de Audiovisuais no noso centro hai algo máis dunha década. Hoxe é escritor e cineasta, traballa na distribuidora Youplanet e dirixe e produce «Bar Boo», o documental sobre Luis Bar Boo (Vigo, 1927-2001): o actor especialista galego con máis percorrido internacional.

A estrea será no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges, que celebra a súa 59ª edición do 8 ao 18 de outubro. O 22 de outubro chegará a Vigo, nunha xornada especial do Galicia Freaky Film Festival.

Parabéns a Josiño e a todo o equipo: Miriam P. Álvarez na produción, Rubén di Groovie na dirección de fotografía e Xavier Bértolo na banda sonora.

Noticia completa en:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2026/09/14/sitges-acolle-estrea-do-documental-bar-boo-leva-maior-actor-especialista-galego-ao-papel-principal/00031789414082767736299.htm

Na semana previa á inauguración do Galician Freaky Film Festival (17-26 setembro), tivemos a fortuna de contar coa prese...
17/09/2026

Na semana previa á inauguración do Galician Freaky Film Festival (17-26 setembro), tivemos a fortuna de contar coa presenza de parte do equipo organizador.

O luns tivo lugar, no teatro da escola, a presentación da que será a décima edición do certame, coa presenza da subdirectora, Miriam P. Álvarez, e Winston, “O Vengador Tóxico”.

O martes, Miriam, en compaña de Rubén Domínguez, axudante de produción, achegouse á aula de Produción (quenda de tarde) para compartir coñecemento e experiencia na xestión deste festival. Nun coloquio de gran valor divulgativo que acabou por converterse en conversa, Miriam e Rubén ofreceron a súa sabedoría nun encontro con carácter iniciático, compartindo coñecementos e experiencias que serviron de punto de partida para o proceso formativo do alumnado de primeiro.

Hai xente que non sae nos créditos, pero sen ela non hai película.Este mes despídense do centro Begoña e María, da conse...
14/09/2026

Hai xente que non sae nos créditos, pero sen ela non hai película.

Este mes despídense do centro Begoña e María, da conserxería, e María, da administración. Entre as tres suman moitísimos anos abríndonos a porta cada mañá, resolvendo o imposible a última hora, sabendo onde estaba cada chave, cada papel...

Grazas por coidarnos tan ben durante todo este tempo.

Que vos vaia moi bonito. Aquí tedes sempre a vosa casa. 💙

Dirección

Calle Eduardo Cabello, S/N
Vigo
36208

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Teléfono

+34886111152

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Audiovisual de Vigo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a CIFP Audiovisual de Vigo:

Compartir