Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo.

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo a

⚖️ Dereito
🤝 Relacións Laborais
?

A historia recente da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo nace, con tal denominación no 2002. Créase un novo centro na Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, na que se impartirán tres titulacións: Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais e RRHH e Doble Grao en ADE-Dereito. Tamén se imparten 4 títulos de máster: Máster en Dereito de Empresa, Máster en Avogacía, Máster en Xestión e Dirección Laboral e Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

🎓⚖️ O Dereito Penal ante dilemas complexosA Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolleu esta semana unha confe...
16/10/2026

🎓⚖️ O Dereito Penal ante dilemas complexos

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolleu esta semana unha conferencia da profesora Katharina Beckemper, catedrática de Dereito Penal da Universidade de Leipzig (Alemaña), no marco das Xornadas de internacionalización da Facultade 2026.

A sesión, titulada «Dilemas dogmáticos do Dereito Penal: o caso do tirano doméstico e a solución do Tribunal Supremo Federal alemán», abordou a resposta penal ante casos de mulleres vítimas de maltrato que causan a morte do seu agresor mentres este está durmido, a partir de supostos analizados pola xurisprudencia alemá.

Trátase dunha cuestión especialmente delicada e complexa, que suscita interrogantes sobre a responsabilidade penal, a proporcionalidade das penas e os límites da resposta xurídica ante situacións de violencia e maltrato.

A presentación da relatora correu a cargo de Javier de Vicente Remesal, catedrático emérito de Dereito Penal da Universidade de Vigo . Na conferencia participaron estudantes de segundo curso do Grao en Dereito e profesoras e profesores da Área de Dereito Penal da Universidade de Vigo.

❤️ A importancia de abordar estes temas na Facultade reside tamén en aprender a analizar a complexidade da realidade desde o rigor xurídico, a reflexión crítica e a sensibilidade humana. A formación en Dereito non consiste unicamente en coñecer as normas, senón tamén en comprender os dilemas que xorden ao aplicalas a situacións extremas, escoitar diferentes perspectivas e examinar as respostas que ofrecen os distintos ordenamentos xurídicos. Crear espazos académicos para esta reflexión é fundamental para formar profesionais capaces de afrontar cuestións difíciles con responsabilidade, sen simplificar realidades que esixen análise e comprensión.

Universität Leipzig

FormaciónXurídica

O Dereito coma rede fronte á violencia de xénero 💪🏻Como garantir unha protección efectiva das vítimas de violencia de xé...
14/10/2026

O Dereito coma rede fronte á violencia de xénero 💪🏻

Como garantir unha protección efectiva das vítimas de violencia de xénero desde o ámbito xurídico?

O Instituto Universitario de Investigación «Xustiza e Xénero» (IXEX) da Universidade de Vigo organiza esra xornada Xustiza con perspectiva de xénero, un espazo de encontro, análise e reflexión sobre a protección das vítimas desde diferentes ramas do ordenamento xurídico. 🙌🏻

A programación inclúe mesas redondas, un laboratorio xurídico sobre casos de grande repercusión mediática e unha conferencia de clausura centrada na investigación patrimonial nos procesos de familia.

📅 Luns, 19 de outubro de 2026
📍 Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
🎓 Campus de Vigo

🔗 Inscrición: https://forms.cloud.microsoft/e/d6WwZPbbJ1

Unha xornada para reflexionar sobre a xustiza, a igualdade e a protección efectiva das vítimas.

Unidade de Igualdade UVigo Xosé M. Pacho Blanco

O Dereito coma rede fronte á violencia de xénero 💪🏻Como garantir unha protección efectiva das vítimas de violencia de xé...
14/10/2026

O Dereito coma rede fronte á violencia de xénero 💪🏻

Como garantir unha protección efectiva das vítimas de violencia de xénero desde o ámbito xurídico?

O Instituto Universitario de Investigación «Xustiza e Xénero» (IXEX) da Universidade de Vigo organiza esra xornada Xustiza con perspectiva de xénero, un espazo de encontro, análise e reflexión sobre a protección das vítimas desde diferentes ramas do ordenamento xurídico. 🙌🏻

A programación inclúe mesas redondas, un laboratorio xurídico sobre casos de grande repercusión mediática e unha conferencia de clausura centrada na investigación patrimonial nos procesos de familia.

📅 Luns, 19 de outubro de 2026
📍 Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
🎓 Campus de Vigo

🔗 Inscrición: https://forms.cloud.microsoft/e/d6WwZPbbJ1

Unha xornada para reflexionar sobre a xustiza, a igualdade e a protección efectiva das vítimas.

Unidade de Igualdade UVigo Xosé M. Pacho Blanco

📚 Seminario de Dereito Tributario na  O próximo 27 de outubro, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Univer...
07/10/2026

📚 Seminario de Dereito Tributario na

O próximo 27 de outubro, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo acolle o seminario “Federalismo fiscal e gobernanza financeira rexional na Unión Europea”.

Unha xornada para analizar os diferentes modelos de financiamento rexional e autonómico e reflexionar sobre os retos do federalismo fiscal no marco da Unión Europea. 🇪🇺

🔹 Pola mañá, o programa abordará cuestións como o financiamento das rexións italianas, o modelo español coas comunidades autónomas, o financiamento singular e o papel do federalismo fiscal na construción do sistema de recursos propios da UE.

🔹 Pola tarde, terá lugar o Seminario de seguimento científico do proxecto de investigación “Os desafíos da reforma do financiamento autonómico no marco xurídico da Unión Europea”, no que se analizarán os retos actuais da reforma do financiamento autonómico, a potestade tributaria das comunidades autónomas e a coordinación tributaria.

Non a perdades! Unha actualización imprescindible. 👇

📅 27 de outubro
📍 Salón de Graos | Campus de Vigo
🎓 Actividade presencial e online
👉 Inscrición ata o 26 de outubro.

📚 Recap dunha semana na FCCXXTPechamos a semana cunha ollada a dous dos momentos que vivimos estes días na Facultade de ...
02/10/2026

📚 Recap dunha semana na FCCXXT

Pechamos a semana cunha ollada a dous dos momentos que vivimos estes días na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo:

🎓 Demos a benvida ao novo alumnado do programa Emau — Emprego e Vida Autónoma, unha iniciativa da Universidade de Vigo que aposta pola formación, a autonomía e a inclusión laboral.

⚖️ E recibimos ao maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín, que participou nunha conferencia sobre lawfare, activismo xudicial e Estado de Dereito.

Dúas actividades que reflicten o compromiso da FCCXXT coa formación, o debate e a conexión coa realidade social e profesional.

📸 Así foi a semana na Facultade. Fotos DUVI.

Seguimos 🙌🏻
Universidade de Vigo Xosé M. Pacho Blanco Área de Emprego e Empredemento

25/09/2026

✅ OUTRA SEMANA MÁIS NA CHECK

Outra semana máis de clases... e tamén de todo o que pasa entre clase e clase. 📚⚖️

Na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo seguimos sumando aprendizaxe, conferencias, investigación e momentos que fan universidade.

Boa finde! 🩵

CienciasDoTraballo

🎓🌍 A gobernanza das relacións laborais, a debate na  A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle o seminario ...
21/09/2026

🎓🌍 A gobernanza das relacións laborais, a debate na

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle o seminario internacional Desafíos sociais á gobernanza das relacións laborais, unha xornada para reflexionar sobre algúns dos grandes retos actuais do Dereito do Traballo desde unha perspectiva internacional.

Ao longo da mañá abordaranse cuestións como a vulnerabilidade no emprego, a discriminación por idade, os dereitos das persoas cibermigrantes e nómades dixitais ou os novos desafíos da gobernanza global das relacións laborais, coa participación de profesorado e especialistas de España, Arxentina e Uruguai.

📅 21 de setembro
🕦 11:30 – 14:00 h
📍 Sala de videoconferencia • FCCXXT, Campus de Vigo

Un encontro aberto ao alumnado, PDI, profesionais do ámbito e representantes sociais para compartir coñecemento e experiencias arredor dos retos do mundo laboral.

Universidade de Vigo

Seguimos relatando comezos na   e hoxe é a quenda do noso Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Soc...
18/09/2026

Seguimos relatando comezos na e hoxe é a quenda do noso Máster en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social. 🎓

Con ilusión e ganas de estrear coñecementos, recibimos a 23 estudantes procedentes Tenerife, República Dominicana, Chile, Arxentina, Colombia, ademais de Galicia, que comezan esta nova etapa formativa na nosa Facultade.

Durante o acto de benvida, a coordinadora do máster, Teresa Estévez Abeleira e a secretaria académica, Marta García Mosquera, recibiron ao alumnado e presentáronlles o funcionamento do curso, o profesorado, as materias e os principais aspectos da organización docente. Ademais, cada estudante tivo a oportunidade de presentarse e compartir a súa traxectoria e as motivacións para cursar este máster.

Hoxe comezaron as clases da man do profesor Xosé Manuel Pacho Blanco. 📚

Universidade de Vigo
Xosé M. Pacho Blanco

🌍📚 Alumnado internacional na  A Universidade de Vigo celebrou o acto de benvida ao estudantado internacional que se inco...
17/09/2026

🌍📚 Alumnado internacional na

A Universidade de Vigo celebrou o acto de benvida ao estudantado internacional que se incorpora este curso ás súas aulas. 🙌🏻

Neste semestre, a UVigo recibe 362 estudantes de intercambio procedentes de 35 países, dos cales 23 se incorporan á Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. 👏🏻👏🏻

Un encontro pensado para dar a coñecer os servizos da , facilitar a integración do novo estudantado e favorecer o primeiro contacto coa vida académica e universitaria.

💙🌎 Unha experiencia internacional que enriquece toda a comunidade universitaria.

Benvidas e benvidos a esta a vosa casa!! 🩵

+ Info e imaxes (DUVI): https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-medra-destino-internacional-362-estudantes-intercambio-35-paises

Dirección

As Lagoas, Marcosende
Vigo
36310

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo. publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo.:

Compartir

Categoría