07/05/2024
Cada mes de maio celebramos o Día das Letras Galegas rendindo tributo á vida e obra dun escritor ou escritora galega, e este ano a homenaxeada é a polifacética autora Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2024).
Poeta, dramaturga, ensaísta, novelista, profesora e violinista, Villalta soubo reflectir como ninguén na súa singular obra a súa particular visión do mundo e a íntima relación existente entre as súas dúas pasións, a música e a poesía.
Mais, alén da súa faceta literaria, a súa biografía, na que tamén hai un lugar reservado para Lisboa e Portugal, é a dunha persoa profundamente comprometida coa lingua e a sociedade galega e coas causas sociais do seu tempo.
Destas dúas dimensións indisociables da figura de Luísa Villalta, e de moito máis, teremos o pracer de escoitar falar a Esperanza Mariño Davila, autora de As Escumas da Letra. Biobibliografía de Luísa Villalta, o vindeiro día 8 no Centro Galego de Lisboa.
📍 Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
📅 8 de maio
⏱ 19h
🔖 Entrada libre